venres, 26 de abril de 2024

Photocall en primaria

 Encántanos o photocall da clase de primaria para o #11festivaldellibrozorelle

















Teatro en francés

 Velaquí varias imaxes da divertida posta en escea da obra en francés “Le grand gros navet sketch” do alumnado de 1ESO para o festival. 

Félicitations!








xoves, 25 de abril de 2024

Infografías con recomendacións de lectura

 Achégate a ver as estupendas infografías creadas polo alumnado de 4 da ESO para o festival con recomendacións para a lectura e de lecturas.

Moitos parabéns!!














Mural: Recoméndoche…




 Encántanos "Recoméndoche", o mural creado polo alumnado de 3 e 4 days ESO no que plasmaron as portadas dos libros que recomendan. Cada portada é unha xanela a un mundo novo e reflicte a diversidade dos seus gustos literarios e a importancia da lectura no desenvolvemento persoal. 

Achegádevos a velo!





Obradoiro de marcapáxinas






 Encántannos os marcapáxinas elaborados onte polo alumnado de 6 de primaria no obradoiro enmarcado no festival. Parabéns!


Encontro con Pablo Nogueira

 Onte visitounos o escritor e docente Pablo Nogueira para falarnos do seu último libro “Ringo, Memorias dun coello fedello”, que levou o premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade e que foi lido por alumnado de 4º e 5º de primaria.

 Pablo compartíu información e experiencias moi interesantes relacionadas coa historia e respondeu a un montón de preguntas dos rapaces/zas. Grazas, Pablo! Foi un encontro inesquecible!












Diccionario “Charlie e a fábrica de chocolate”

 Un dos libros favoritos do alumnado de 6 primaria é esta novela de Roald Dahl. Por iso traballaron sobre ela durante o festival e crearon este diccionario que podedes consultar na biblioteca.

Parabéns!