xoves, 21 de marzo de 2024

Obradoiro de literatura: “Cada ovella coa súa parella”

 O alumnado de 3º da ESO e o alumnado visitante de Peniche, Portugal, mergulláronse no mundo literario a través da actividade "Cada ovella coa súa parella”, na que tiveron que identificar a través de portadas, extractos e sinopses obras emblemáticas da literatura universal, tales coma "Hamlet", "A Celestina”, "O Lazarillo de Tormes", "Fuenteovejuna",  "O Diario de Ana Frank", "Os Pazos de Ulloa", "Patria", "A Colmea", "A Vida é Soño"e "Cen Anos de Soledad" de Gabriel García Márquez, entre outras. 





Esta actividade serviu como un recordatorio de que a literatura é unha ponte entre o pasado e o presente, unha xanela a diferentes culturas e épocas, e unha ferramenta poderosa para o enriquecemento persoal e o crecemento intelectual.

mércores, 20 de marzo de 2024

Beneficios da lectura para o cerebro

 Achégase o noso Festival Anual do Libro! Velaquí imaxes do alumnado de 2 da ESO elaborando un mural en inglés que recolle os beneficios que a lectura ten para o noso cerebro. Poderes velo no vestíbulo a partir do 23 de abril! 








domingo, 10 de marzo de 2024

Edicións anteriores

 Parece mentira que xa teñan pasado dez anos desde que inauguramos o Festival do Libro!

Non queremos comezar a publicar información sobre a undécima edición sen animarvos a que visitedes os blogs das edicións anteriores. Preme nas ligazóns ou nas imaxes a continuación para descubrir "a maxia de ler", por que "Un libro" é "unha viaxe" o "Cada lectura, unha aventura", o marabilloso de "Soñar lendo", por que en cada libro atopamos "un amigo" ou por que "Ler é crecer" e tamén "dá poder", "axuda a recordar" e "a crecer". E por último, por que "a lectura fainos libres".
















venres, 8 de marzo de 2024

Benvida

Benvid@s ao blog da úndécima edición do Festival do Libro do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle!

Ilustración de Yanira Fdez (5 primaria)

 O Festival do Libro é un evento interdisciplinar e plurilingüe no que, desde infantil a 4º da ESO, o alumnado celebra o pracer da lectura. Esta edición terá  lugar do 23 ao 26 de abril de 2024 e xirará en torno ao lema “Ler é un pracer”.

Aquí atoparás toda a información sobre os proxectos e actividades que levaranse a cabo antes e durante o festival. Como podes comprobar, a información está organizada por etapas: infantil, primaria e ESO. Puedes consultar el programa de actividades nesta ligazón.
Estamos desexando que chegue el 23 de abril!