Amosando publicacións coa etiqueta visítannos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visítannos. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de maio de 2024

Sesión de contacontos con Oti

 Un ano máis, nosa querida Oti visítanos durante o Festival do Libro para deleitarnos cun fermoso conto titulado "O coleccionista de palabras saudables". Con tres axudantes excepcionais, Saybe, Solangs e Julián, lembrounos a importancia das palabras para facer do mundo un lugar mellor.

Grazas de corazón, Oti! Cada ano emociónasnos máis. Querémosche.









venres, 26 de abril de 2024

Visita de Fernando Méndez

 Hoxe tivemos a visita dun escritor moi querido no centro, Fernando Méndez, que impartíu unha fascinante charla ao alumnado da ESO sobre o seu proceso creativo e sobre o seu último libro, “La Vida Mientras Luchamos”

Moitas grazas, Fernando! 
















xoves, 25 de abril de 2024

Encontro con Pablo Nogueira

 Onte visitounos o escritor e docente Pablo Nogueira para falarnos do seu último libro “Ringo, Memorias dun coello fedello”, que levou o premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade e que foi lido por alumnado de 4º e 5º de primaria.

 Pablo compartíu información e experiencias moi interesantes relacionadas coa historia e respondeu a un montón de preguntas dos rapaces/zas. Grazas, Pablo! Foi un encontro inesquecible!












mércores, 24 de abril de 2024

Encontro coa autora Antía Martín Mosquera

 O alumnado da ESO participou na charla coloquio con Antía Martín Mosquera, escritora e antiga alumna do colexio.

Foi un encontro moi ameno no que Antía falou do proceso creativo, das aplicacións que usa para escribir e do seu libro Amores Extraños.

Moitas grazas, Antía! Foi un pracer verte de novo, parabéns!!











venres, 19 de abril de 2024

Festival Literario Musical

 Para inaugurar a undécima edición do Festival do Libro, estades convidados ao Festival un festival no que poderedes:

  • Escoitar a autora Olga Novo recitar a súa obra
  • Asistir a unha actuación do coro
  • Escoitar a canción do #11festivaldolibro 

🗓️Martes 23 de abril ás 🕢18:30h

📍Salón noble do Liceo