Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de abril de 2024

Dereitos en cada páxina, pracer en cada libro

 Aínda estades a tempo de ver a marabillosa exposición organizada polo Departamento de Orientación para o festival: “Dereitos en cada páxina, pracer en cada libro”.









Para saber máis, visita o blog de Orientación.

venres, 26 de abril de 2024

Feira de Ciencias

 Velaquí varias imaxes da Feira de Ciencias organizada polo alumnado de 3 ESO para os peques de 2 primaria como actividade enmarcada no festival. Porque, ao igual que ler, saber sobre Ciencia tamén é un pracer!

Parabéns, rapaces!
















Photocall en primaria

 Encántanos o photocall da clase de primaria para o #11festivaldellibrozorelle

















xoves, 25 de abril de 2024

Obradoiro de marcapáxinas






 Encántannos os marcapáxinas elaborados onte polo alumnado de 6 de primaria no obradoiro enmarcado no festival. Parabéns!


Encontro con Pablo Nogueira

 Onte visitounos o escritor e docente Pablo Nogueira para falarnos do seu último libro “Ringo, Memorias dun coello fedello”, que levou o premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade e que foi lido por alumnado de 4º e 5º de primaria.

 Pablo compartíu información e experiencias moi interesantes relacionadas coa historia e respondeu a un montón de preguntas dos rapaces/zas. Grazas, Pablo! Foi un encontro inesquecible!












Diccionario “Charlie e a fábrica de chocolate”

 Un dos libros favoritos do alumnado de 6 primaria é esta novela de Roald Dahl. Por iso traballaron sobre ela durante o festival e crearon este diccionario que podedes consultar na biblioteca.

Parabéns!