xoves, 21 de marzo de 2024

Obradoiro de literatura: “Cada ovella coa súa parella”

 O alumnado de 3º da ESO e o alumnado visitante de Peniche, Portugal, mergulláronse no mundo literario a través da actividade "Cada ovella coa súa parella”, na que tiveron que identificar a través de portadas, extractos e sinopses obras emblemáticas da literatura universal, tales coma "Hamlet", "A Celestina”, "O Lazarillo de Tormes", "Fuenteovejuna",  "O Diario de Ana Frank", "Os Pazos de Ulloa", "Patria", "A Colmea", "A Vida é Soño"e "Cen Anos de Soledad" de Gabriel García Márquez, entre outras. 





Esta actividade serviu como un recordatorio de que a literatura é unha ponte entre o pasado e o presente, unha xanela a diferentes culturas e épocas, e unha ferramenta poderosa para o enriquecemento persoal e o crecemento intelectual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario