xoves, 25 de abril de 2024

Encontro con Pablo Nogueira

 Onte visitounos o escritor e docente Pablo Nogueira para falarnos do seu último libro “Ringo, Memorias dun coello fedello”, que levou o premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade e que foi lido por alumnado de 4º e 5º de primaria.

 Pablo compartíu información e experiencias moi interesantes relacionadas coa historia e respondeu a un montón de preguntas dos rapaces/zas. Grazas, Pablo! Foi un encontro inesquecible!












Ningún comentario:

Publicar un comentario